Encomendas de xestión

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico prevé a realización de encomendas de xestión, que supoñen a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos, entre órganos da mesma ou diferentes administracións ou entidades por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño. Neste apartado recóllense encomendas acordadas polos diferentes departamentos da Xunta de Galicia, dando cumprimento ás obrigacións previstas na normativa vixente en materia de transparencia, así como ás previstas na citada lei.

En concreto, publícase, respecto a cada encomenda, o seu obxecto, a entidade encomendante e a encomendada, a data da súa sinatura, orzamento, duración, obrigas económicas e as subcontratacións que se realicen. Ademais, publícase, no seu caso, a ligazón da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Frecuencia de actualización: continua
Buscar por departamento/entidade:
Buscar por departamento/entidade:
Ten dispoñibles 3 cos criterios que seleccionou:
Data de sinatura: 17/08/18 | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Encomenda da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec)

Data de sinatura: 18/06/18 | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Encomenda da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec)

Data de sinatura: 22/03/18 | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Encomenda de diversas consellerías á Consellería de Sanidade

Encomenda modificada

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe