Encomenda da Axencia Galega de Infraestruturas á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)
realización dos traballos de roza de vexetación e arbustos e corta de árbores situadas na zona de dominio público das estradas da Rede de estradas de Galicia, incluíndo a corta polo pé, retirada e/ou amoreamento de residuos e tamén a venda da madeira aproveitable. Ademais, realizaranse traballos de acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e actuacións de reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
Entidade encomendante: Axencia Galega de Infraestruturas
Entidade encomendada: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)
Data da sinatura: 08/05/23
Presuposto: 2.996.977,68 €
Duración: vinte e catro (24) meses
Obrigas económicas: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2023, aplicación orzamentaria 09.A1.512B.610.1.
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas | Consellería do Medio Rural; Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A.