Encomenda da Consellería de Sanidade á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
encomendar á ACIS a xestión da formación dos/as profesionais ópticos-optometristas derivada do convenio de colaboración entre a consellería de sanidade, o Servizo Galego de Saúde e os establecementos de óptica, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais.
A ACIS asumirá as seguintes actividades:
a) A xestión da asistencia do alumnado proposto para cada actividade. Estas actividades formativas deben estar enmarcadas dentro da formación establecida no convenio “Coida os teus ollos”.
b) A programación, planificación e xestión das actividades formativas propostas polo Servizo de Integración Asistencial, dentro dos límites orzamentarios establecidos.
A ACIS, no desenvolvemento da actividade encomendada, seguirá as directrices e instrucións da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, á que lle corresponden os poderes de verificación e control da encomenda.
Entidade encomendante: Consellería de Sanidade
Entidade encomendada: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Data da sinatura: 20/04/23
Duración: a eficacia da encomenda para a xestión estenderase dende o día seguinte a súa sinatura ata o día 31/12/2023
Consellería de Sanidade; Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde