Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.
encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas a preparación, selección de contratista e adxudicación dos contratos relativos ás obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. da xestión de diversas actuacións de carácter técnico en relación coas ditas obras.
Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde
Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.
Data da sinatura: 24/04/23
Duración: desde o día seguinte a súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía dos contratos obxecto desta encomenda
Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas e a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa
Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas