Encomenda da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas
dirección e execución do servizo de redacción do proxecto das actuacións referidas á obra de adaptación da rúa Rodríguez de Viguri para a localización dunha parada de intercambio modal na cidade administrativa de San Caetano, supervisión e implantación do proxecto, elaboración doutros documentos de carácter técnico e dirección e execución das obras.
Entidade encomendante: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas
Data da sinatura: 18/10/22
Duración: a presente encomenda estará vinculada á execución do contrato das obras referenciadas e, en todo caso, rematará antes do 31 de decembro de 2023.
Obrigas económicas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que preste no seu desenvolvemento.
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas