Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

encomendar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a redacción do proxecto de execución das obras de construción do novo centro de saúde de Muíños.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 14/07/22

Duración: a eficacia da encomenda estenderase desde o día seguinte á súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía.

Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.

Ligazón ao DOG

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas