Encomenda do Servizo Galego de Saúde a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)

Obxecto:

encargar á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra de reforma da zona de Consultas Externas do Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense).

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)

Data da sinatura: 19/07/22

Duración: o encargo terá unha duración de doce (12) meses a partir da súa aprobación.

A empresa Tragsa está obrigada ao cumprimento do prazo fixado para o encargo.

Poderán ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que sexan necesarias sempre e cando estean xustificadas as causas do atraso e sen que supoñan en ningún caso incremento do importe total do encargo.

Tamén poderán ser acordadas suspensións parciais ou totais polo prazo que, debidamente xustificado, non sexa posible a execución normal dos traballos. En todo caso, unha vez desaparezan as causas que provocaron o acordo de suspensión, continuarase coa execución logo de sinatura da correspondente acta.

Se se producise demora no cumprimento dos prazos por causas non imputables a Tragsa, o Servizo Galego de Saúde poderá, de oficio ou a pedimento desta, conceder a prórroga por un tempo igual ao tempo perdido, agás que Tragsa solicite outro menor.

Obrigas económicas: para a realización dos traballos obxecto deste encargo o Servizo Galego de Saúde destinará, como máximo, a cantidade de 649.907,57 € de conformidade co orzamento xustificado presentado pola empresa Tragsa, e con cargo á aplicación orzamentaria 5001 412A 621.1 –código de proxecto 202000006– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023

Ligazón ao DOG

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde