Encomenda da Consellería de Sanidade á Axencia Galega de Infraestruturas e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Obxecto:

a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas para a preparación, selección de contratista e adxudicación dos contratos relativos ás obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., para a  xestión de diversas actuacións de carácter técnico en relación coas devanditas obras.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Data da sinatura: 25/04/22

Duración: a eficacia da encomenda para a xestión estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía dos contratos obxecto da presente encomenda.

Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas e a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.

Ligazón ao DOG

Consellería de Sanidade | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas; Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A