Encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

a supervisión do Proxecto de demolición da estación de autobuses de Lugo. Elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto, así coma calquera outro informe de carácter técnico que en relación co procedemento de adxudicación deste contrato de obras e a súa execución sexa solicitado polo órgano encomendante. Os devanditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

Entidade encomendante: Consellería de Infraestructuras e Mobilidade

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 29/09/20

Duración: a estritamente necesaria para a elaboración do/s informe/s técnico/s solicitado/s, finalizando coa entrega do/s mesmo/s e, en todo caso, coa finalización da execución das obras de referencia.

Ligazón ao DOG

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Secretaría Xeral Técnica | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas