Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

a xestión das actuacións para a execución das obras de ampliación do Hospital de Montecelo, que pasará a denominarse Gran Montecelo.

Para a realización desta encomenda de xestión a Axencia Galega de Infraestruturas asume a posición de órgano encomendado e desenvolverá todos aqueles actos e negocios xurídicos propios da preparación, selección de persoa contratista, adxudicación e execución de obras públicas.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 17/09/19

Duración: estenderase dende o día seguinte a súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

Ligazón ao DOG

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas