Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Obxecto:

a xestión da formación dos e das profesionais da rede de atención ás drogodependencias, derivada da organización da actividade formativa Suicidio: estratexias de prevención e actuacións terapéuticas.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)

Data da sinatura: 20/08/19

Presuposto: 1.150,00 €

Duración: esta encomenda producirá efectos a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e manterase ata que se executen de conformidade e na súa totalidade as actividades encomendadas.

Obrigas económicas: o Servizo Galego de Saúde transferirá á ACIS mil cento cincuenta euros (1.150,00 €), para ser empregados nas actividades de formación que se levarán a cabo na anualidade 2019 e ás cales se refire esta encomenda. En ningún caso, os custos totais das actividades propostas superarán os fondos transferidos para este fin dende o Servizo Galego de Saúde. No caso de que as actividades formativas propostas non sexan realizadas por calquera motivo, a ACIS deberá transferir os fondos que previamente lle foron transferidos para a realización dos cursos á aplicación orzamentaria (5001.413A.640.0).

Ligazón ao DOG

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde | Consellería de Sanidade; Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde