Encomenda da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á AXI para a supervisión do proxecto de construción da obra de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da estación de autobuses de Noia (clave: AC.18.007). O obxecto é a elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto. Os devanditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

Entidade encomendante: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 27/03/19

Duración: data límite, o 31 de decembro de 2019.

Ligazón ao DOG

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade