Encomenda da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á AXI para a supervisión do proxecto de construción das obras de reparación en varias estacións de autobuses de Lugo (clave LU.18.001). O obxecto é a elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto. Os devanditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

Entidade encomendante: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 27/03/19

Duración: data límite, o 31 de decembro de 2019.

Ligazón ao DOG

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade