Encomenda do Instituto Galego da Vivenda e Solo a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec)

Obxecto:

realización de funcións de, por unha banda, acadar a maior divulgación, difusión e nivel de información posibles entre os cidadáns sobre o alcance das axudas tramitadas polo IGVS en materia de áreas de rehabilitación integral supramunicipais, especialmente no ámbito das correspondentes aos Camiños de Santiago, en orde a garantir a maior eficacia posible na consecución dos fins públicos perseguidos, así como a maior eficiencia na xestión dos recursos públicos, permitindo, ao mesmo tempo, transmitir aos cidadáns os valores dos que informan as actuacións públicas do IGVS no ámbito da rehabilitación, de xeito que se permita trasladar á cidadanía os avances, resultados e beneficios que se van producindo coma consecuencia da execución das mesmas, e, por outra, a realización de tarefas de apoio na xestión de axudas tramitadas polo IGVS neste ámbito.

Entidade encomendante: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Entidade encomendada: Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec)

Data da sinatura: 13/03/19

Presuposto: 242.291,85 €

Duración: desde o día 1 de abril de 2019 ata o 31 de marzo de 2021.

Obrigas económicas: 242.291,85 €

Ligazón ao DOG

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Instituto Galego de Vivenda e Solo