Encomenda da Consellería de Facenda co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Obxecto:

o Igape realizará as verificacións administrativas previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, nos casos das axudas de Estado e nas de minimis, onde a verificación ten que facerse de cada unha das entidades que reciben a axuda en función do indicado no artigo 2.10 e 2.13 do mencionado regulamento.

Entidade encomendante: Consellería de Facenda

Entidade encomendada: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Data da sinatura: 30/06/17

Presuposto: a realización das actividades obxecto desta encomenda de xestión por parte do Igape terá carácter gratuíto e non xerará nin se liquidará taxa de ningunha natureza a favor deste

Duración: ata o 31 de decembro de 2023, data de finalización do período subvencionable previsto no programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Obrigas económicas: -

Subcontratacións: -

Ligazón ao DOG

Departamento: Consellería de Facenda