Encomenda da Consellería de Facenda coa Consellería de Economía, Emprego e Industria

Obxecto:

a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego e da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, realizará as verificacións administrativas previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, nos casos das axudas de Estado e nas de minimis cofinanciadas con FSE dentro do PO FSE Galicia 2014-2020 e POEX, nas cales a verificación se ten que facer de cada unha das entidades que reciben a axuda en función do indicado no artigo 2.10 e 2.13 do mencionado regulamento.

Entidade encomendante: Consellería de Facenda

Entidade encomendada: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Data da sinatura: 30/06/17

Presuposto: a realización das actividades obxecto desta encomenda de xestión por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria terá carácter gratuíto e non xerará nin se liquidará taxa de ningunha natureza a favor desta

Duración: ata o 31 de decembro de 2023, data de finalización do período subvencionable previsto no programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Obrigas económicas: -

Subcontratacións: -

Ligazón ao DOG

Departamento: Consellería de Facenda