Encomenda da Vicepresidencia e CPAPX á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

realización dos controis administrativos que deban realizarse sobre os proxectos subvencionados en virtude da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2016, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Entidade encomendante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 16/11/16

Presuposto: 0 euros

Duración: 2 anos

Obrigas económicas: -

Subcontratacións: -

Ligazón ao DOG

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza