Encomenda do Servizo Galego de Saúde a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)

Obxecto:

encargar á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución dos traballos relativos ao acondicionamento das instalacións do Instituto Feiral da Coruña para o desempeño temporal das funcións administrativas do Complexo Hospitalario da Coruña.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)

Data da sinatura: 12/01/24

Duración: a encomenda terá unha vixencia de sete meses a contar desde a súa sinatura, non contemplándose a posibilidade de recepcións parciais de traballos executados, con posibilidade de prórroga.

Obrigas económicas: para a realización dos traballos obxecto deste encargo a medio propio, o Servizo Galego de Saúde destinará, como máximo, a cantidade de 1.658.782,80 €, de conformidade co orzamento presentado pola empresa Tragsa, e con cargo á aplicación orzamentaria 5001 412A 6211, código do proxecto 2019 00001, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde

Resultoulle útil a información?