Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Obxecto:

encomendar á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. o apoio técnico á xestión da licitación e á execución das obras do contrato de concesión do aparcadoiro do novo Hospital Gran Montecelo.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Data da sinatura: 22/09/23

Duración: a eficacia da encomenda estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía dos contratos obxecto desta.

Obrigas económicas: as actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. efectuaranse a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A

Resultoulle útil a información?