A PRESIDENCIA

Encomendas de xestión

Recóllense as encomendas acordadas por este departamento, dando cumprimento ás obrigas previstas na normativa vixente en materia de transparencia, así como ás previstas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

En concreto, publícase, respecto a cada encomenda, o seu obxecto, a entidade encomendante e a encomendada, a data da súa sinatura, o orzamento, a duración, as obrigas económicas e as subcontratacións que se realicen. Además, publícase, no seu caso, a ligazón da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Axencia Galega de Infraestruturas

  • Obxecto: encargar a Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións precisas para a recepción por funcionarios/as técnicos/as de obras de acondicionamento do Camiño de Santiago licitadas pola Axencia Turismo de Galicia.
  • Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia
  • Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas
  • Data de sinatura: 15 de marzo de 2017
  • Presuposto: -
  • Duración: ata o 31 de decembro de 2017
  • Obrigas económicas: -
  • Ligazón ao DOG

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Axencia Galega de Infraestruturas

  • Obxecto: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións precisas para emitir un informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas en expedientes de contratación relacionados co Camiño de Santiago da Axencia Turismo de Galicia.
  • Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia
  • Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas
  • Data de sinatura: 20 de febreiro de 2017
  • Presuposto: -
  • Duración: ata o 31 de decembro de 2017
  • Obrigas económicas: -
  • Ligazón ao DOG

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Servizos Agrarios Galegos SA

  • Obxecto: execución do Proxecto de plantacións e movemento de terras asociado no Monte do Gozo, elaborado pola Empresa Estudos e Projectos de Arquitectura Paisagista, LDA e asinado polo arquitecto Joao Ferreira Nunes o 30/12/2016.
  • Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia
  • Entidade encomendada: Servizos Agrarios Galegos SA
  • Data de sinatura: 23 de febreiro de 2016
  • Presuposto: 75.827,94 euros
  • Duración: 40 días a contar desde a acta de comprobación de implantación, que se realizará nun prazo máximo dun mes a contar desde a notificación da resolución da encomenda
  • Obrigas económicas: a Axencia Turismo de Galicia achegará a contía de 75.827,94 euros con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2016.

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Servizos Agrarios Galegos SA

  • Obxecto: execución do Proxecto Paisaxe no Monte do Gozo. Obra civil asociada no Monte do Gozo, elaborado pola Empresa Estudos e Projectos de Arquitectura Paisagista, LDA e asinado polo arquitecto Joao Ferreira Nunes o 15/01/2016.
  • Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia
  • Entidade encomendada: Servizos Agrarios Galegos SA
  • Data de sinatura: 14 de marzo de 2016
  • Presuposto: 407.505,35 euros
  • Duración: catro meses desde a acta de comprobación de implantación. A acta de comprobación de implantación realizarase nun prazo máximo de un mes a contar desde a notificación da resolución da encomenda.
  • Obrigas económicas: a Axencia Turismo de Galicia achegará a contía de 407.505,35 euros con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia de 2016.

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia á Axencia Galega de Infraestruturas

  • Obxecto: xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias na contorna dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.
  • Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia
  • Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas
  • Data de sinatura: 20 de setembro de 2016
  • Presuposto: 0 euros
  • Duración: vixencia ata o 20 de setembro de 2017, con prórroga automática por períodos dun ano, agás que se exprese por algunha das partes a vontade da súa resolución
  • Ligazón ao DOG  

Encomenda da Secretaría Xeral de Medios a Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

  • Obxecto: programa de investimentos 2016 para a mellora e actualización da rede pública autonómica dos servizos de comunicación audiovisual e do equipamento electrónico instalado nos centros de titularidade pública en Galicia e traslado de equipamentos.
  • Entidade encomendante: Secretaría Xeral de Medios
  • Entidade encomendada: Redes de Telecomunicación Galegas Retegal S.A.
  • Data de sinatura: 4 de febreiro de 2016
  • Presuposto: 448.063,00 euros
  • Duración: vixencia ata o 31 de decembro de 2016
  • Obrigas económicas: 448.063,00 euros
  • Ligazón ao DOG   

Resolución do 17 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para o ano 2015. Consultar aquí

 

Data de actualización: 22/2/2017
Frecuencia de actualización: continua