Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Inicio da tramitación: 09/07/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Proxecto de decreto polo que se regulan os procedementos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia
Inicio da tramitación: 19/05/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se crea o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional
Inicio da tramitación: 02/02/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Proxecto de orde pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán nos procedementos administrativos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia
Inicio da tramitación: 25/11/2020 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Procesamento e Transformación da Madeira
Inicio da tramitación: 03/11/2020 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Química e Saúde Ambiental
Inicio da tramitación: 03/11/2020 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Termalismo e Benestar
Recibíronse 2 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 03/11/2020 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional