Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 67 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 06/09/2018  | Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Anteproxecto da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia

Recibíronse 5 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 04/09/2018  | Facenda - Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Proxecto de orde pola que se regula o funcionamento e a xestión das contas bancarias e dos fondos integrantes da Tesourería da Comunidade Autónoma de Galicia

Inicio da tramitación: 20/07/2018  | A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte

Proxecto de decreto polo que se regula o deporte de alto nivel de Galicia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma