A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Sanidade
Ten dispoñibles para consulta 11 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 15/01/2024 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea o Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades
Inicio da tramitación: 08/11/2023 | Sanidade
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 04/08/2023 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos e os controis para a subministración de medicamentos de uso humano de uso exclusivamente hospitalario a profesionais veterinarios
Recibíronse 3 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 27/07/2023 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea a rede de Nodos de innovación e se establece a súa composición, organización e función
Inicio da tramitación: 13/02/2023 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se regula a prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 11 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 13/10/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regulan as condicións, requisitos e recursos humanos e materiais das Unidades de Farmacia e dos Depósitos de Medicamentos e Produtos Sanitarios nas Estruturas de Atención Primaria
Recibíronse 15 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 09/02/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regulan as categorías estatutarias do Servizo Galego de Saúde no ámbito da biblioteconomía e documentación
Inicio da tramitación: 22/12/2021 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regula a sinalización, información, publicidade e actividades de promoción das oficinas de farmacia e boticas anexas de Galicia
Recibíronse 21 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 25/05/2021 | Sanidade
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 8 de xullo de 2019, pola que se crea e se regula a composición, o funcionamento e a organización do Consello Técnico de Atención Primaria
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 13/04/2021 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Anteproxecto de lei de protección da saúde das persoas menores de idade e prevención de condutas adictivas
Recibíronse 52 suxestións para esta norma