Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Inicio da tramitación: 18/11/2021 | Sanidade - Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Proxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 18 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 15/11/2021 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Anteproxecto de lei de arquitectura de Galicia
Recibíronse 8 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 12/11/2021 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Proxecto de orde pola que se aproba o contido das obrigas de información pública e sinaléctica das instalacións termais autorizadas ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia
Recibíronse 6 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 29/10/2021 | Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes
Recibíronse 11 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 29/09/2021 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Proxecto de decreto polo que se regulan as instalacións nas que se desenvolven actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se crea o sistema de información de emisións de contaminantes á atmosfera de Galicia
Recibíronse 2 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 13/09/2021 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural Fraga de Catasós, no Concello de Lalín (provincia de Pontevedra)
Recibíronse 28 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 12/08/2021 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se establece o procedemento para a acreditación de centros sanitarios e se crea e regula o funcionamento da Comisión autonómica de acreditación de centros sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 6 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 05/08/2021 | Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Proxecto de decreto do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia
Recibíronse 2 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 02/08/2021 | Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Formación e Colocación
Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos (código de procedemento TR301R)
Recibíronse 2 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 09/07/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural