Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 100 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 08/08/2022  | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Instituto de Estudos do Territorio - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de orde pola que se aproba a Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas

Recibíronse 9 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 20/07/2022  | Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral da Función Pública

Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna

Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 20/06/2022  | Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Axencia Galega de Innovación

Proxecto de decreto polo que se regula o Estatuto do persoal laboral de investigación da administración xeral e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia

Recibíronse 76 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 22/04/2022  | Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral da Función Pública

Proxecto de decreto polo que se regula a flexibilidade horaria por conciliación familiar no ámbito do sector público de Galicia

Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 18/02/2022  | Emprego e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

Recibíronse 7 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 10/02/2022  | Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Proxecto de decreto polo que se regula a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se aproban os seus estatutos