Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Inicio da tramitación: 01/02/2023 | Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral da Función Pública
Proxecto de orde pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
Recibíronse 2 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 27/01/2023 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que debe cumprir os centros de atención a persoas maiores
Recibiuse 1 suxestión para esta norma Inicio da tramitación: 26/01/2023 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade
Recibiuse 1 suxestión para esta norma Inicio da tramitación: 20/01/2023 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia
Inicio da tramitación: 19/01/2023 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Proxecto de decreto polo que se modifica o do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia
Inicio da tramitación: 11/01/2023 | Facenda e Administración Pública - Axencia Tributaria de Galicia
Proxecto de orde pola que se modifica a orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen o procedemento e as condicións para a domiciliación do pagamento de determinadas débedas cuxa xestión ten atribuída a Axencia Tributaria de Galicia
Inicio da tramitación: 07/12/2022 | Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Anteproxecto de lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta
Recibiuse 1 suxestión para esta norma Inicio da tramitación: 24/11/2022 | Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Secretaría Xeral Técnica
Anteproxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia
Recibiuse 1 suxestión para esta norma Inicio da tramitación: 13/10/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regulan as condicións, requisitos e recursos humanos e materiais das Unidades de Farmacia e dos Depósitos de Medicamentos e Produtos Sanitarios nas Estruturas de Atención Primaria
Recibíronse 15 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 08/09/2022 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica