Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 100 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 26/11/2018  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de decreto para o desenvolvemento da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais

Recibíronse 74 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 29/05/2018  | Educación, Universidade e Formación Profesional - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva

Inicio da tramitación: 29/05/2018  | Educación, Universidade e Formación Profesional - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Acondicionamento Físico

Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 29/05/2018  | Educación, Universidade e Formación Profesional - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Redes e Estacións de Tratamento de Augas

Recibíronse 3 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 07/12/2017  | Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Recibíronse 9 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 02/11/2017  | Cultura e Turismo - Dirección Xeral de Políticas Culturais

Proxecto de decreto polo que se regula o depósito legal na Comunidade Autónoma de Galicia

Inicio da tramitación: 16/06/2016  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro de convenios do Sector Público Autonómico de Galicia