A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 93 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 22/03/2024 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2024 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2024-2026
Inicio da tramitación: 06/03/2024 | Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Proxecto de decreto polo que se crea e regula a composición, competencias e funcionamento do Comité Molecular de Tumores do Servizo Galego de Saúde (CMT-G)
Inicio da tramitación: 15/01/2024 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea o Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades
Inicio da tramitación: 08/01/2024 | Medio Rural - Axencia Galega da Industria Forestal
Proxecto de decreto polo que se crea e regula o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia
Recibíronse 20 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 27/11/2023 | Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio
Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia da Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego da Calidade Alimentaria (código de procedemento AP100A)
Inicio da tramitación: 08/11/2023 | Sanidade
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 24/10/2023 | Infraestruturas e Mobilidade - Dirección Xeral de Mobilidade
Proxecto de orde pola que se regula a tarifa específica +65 nos servizos públicos de transporte interurbano de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 28/09/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de decreto polo que se aproba o plan de xestión da paisaxe protexida de Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Laxe e Vimianzo (provincia da Coruña)
Inicio da tramitación: 19/09/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural da serra de Pena Corneira, nos concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión (provincia de Ourense)
Inicio da tramitación: 19/09/2023 | Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública dos montes e o fondo de melloras
Recibíronse 8 suxestións para esta norma