Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Inicio da tramitación: 26/01/2023 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade
Recibiuse 1 suxestión para esta norma Inicio da tramitación: 19/01/2023 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior