Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Ten dispoñibles para consulta 2 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 12/11/2021  | Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Proxecto de orde pola que se aproba o contido das obrigas de información pública e sinaléctica das instalacións termais autorizadas ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia

Recibíronse 6 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 17/02/2021  | Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Anteproxecto de lei de artesanía de Galicia

Recibíronse 185 suxestións para esta norma