A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Cultura e Turismo
Ten dispoñibles para consulta 4 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 10/09/2019 | Cultura e Turismo - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos para as intervencións nos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia
Recibíronse 3 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 23/03/2019 | Cultura e Turismo - Axencia de Turismo de Galicia
Proxecto de decreto do turismo activo na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 57 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 24/01/2019 | Cultura e Turismo
Proxecto de decreto polo que se modifican parcialmente o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, e o Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia
Inicio da tramitación: 02/11/2017 | Cultura e Turismo - Dirección Xeral de Políticas Culturais
Proxecto de decreto polo que se regula o depósito legal na Comunidade Autónoma de Galicia