Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Axencia de Turismo de Galicia (Consellería de Cultura e Turismo)

Ten dispoñibles para consulta 1 normativa en tramitación:
Inicio da tramitación: 04/02/2019  | Cultura e Turismo - Axencia de Turismo de Galicia

Proxecto de orde pola que se establece a ordenación da Ruta dos Xardíns da Camelia e se crea o Comité Camelia Galicia