Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Ten dispoñibles para consulta 8 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 22/07/2019  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Proxecto de decreto polo que se regulan os instrumentos para a avaliación e a mellora da calidade no sector público autonómico de Galicia

Inicio da tramitación: 18/07/2019  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Proxecto de lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia

Recibíronse 6 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 29/03/2019  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Anteproxecto da Lei reguladora dos xogos de Galicia

Recibíronse 12 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 25/02/2019  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia

Recibíronse 10 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 26/11/2018  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de decreto para o desenvolvemento da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais

Recibíronse 74 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 16/06/2016  | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro de convenios do Sector Público Autonómico de Galicia