Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Ten dispoñibles para consulta 1 normativa en tramitación:
Inicio da tramitación: 07/12/2017  | Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Recibíronse 9 suxestións para esta norma