Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Ten dispoñibles para consulta 3 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 25/06/2019  | Educación, Universidade e Formación Profesional - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de orde pola que se regula o procedemento e efectos do recoñecemento como Instituto Histórico de Galicia e a xestión do patrimonio educativo que custodian

Recibíronse 3 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 16/05/2019  | Educación, Universidade e Formación Profesional - Secretaría Xeral de Universidades

Proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/2020

Recibíronse 2 suxestións para esta norma