Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Cultura e Turismo
Inicio da tramitación: 10/09/2019 | Cultura e Turismo - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos para as intervencións nos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia
Recibíronse 3 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 23/06/2019 | Cultura e Turismo - Axencia Galega das Industrias Culturais
Proxecto de orde pola que se regula a estrutura, a organización e o funcionamento da Rede Galega de Música ao Vivo
Inicio da tramitación: 23/03/2019 | Cultura e Turismo - Axencia de Turismo de Galicia
Proxecto de decreto do turismo activo na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 57 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 01/03/2019 | Cultura e Turismo - Axencia Galega das Industrias Culturais
Proxecto de decreto polo que se modifica parcialmente o Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais
Recibíronse 5 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 24/01/2019 | Cultura e Turismo
Proxecto de decreto polo que se modifican parcialmente o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, e o Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia
Inicio da tramitación: 02/11/2017 | Cultura e Turismo - Dirección Xeral de Políticas Culturais