Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Inicio da tramitación: 16/06/2018 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Proxecto de orde pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta
Recibíronse 2 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 14/05/2018 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Proxecto de orde reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias
Inicio da tramitación: 19/03/2018 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas, e técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas
Inicio da tramitación: 08/02/2017 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño
Recibiuse 1 suxestión para esta norma Inicio da tramitación: 17/06/2016 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa