Proxecto de decreto polo que se crea e regula o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega da Industria Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural - Axencia Galega da Industria Forestal

Inicio da tramitación: 08/01/2024

Obxecto:

o obxecto deste decreto é:

  • a creación e regulación do Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia, a definición da súa estrutura e organización e a regulación das obrigas e dereitos das persoas participantes, tanto ofertantes como demandantes.
  • o establecemento dos requisitos para a verificación e a certificación por terceiras persoas das eliminacións de dióxido de carbono, a xestión dos sistemas de certificación e o funcionamento dos rexistros.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 05/04/2024

Suxestións recibidas: 20