Proxecto de decreto polo que se crea o Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 15/01/2024

Obxecto:

este decreto ten por obxecto a creación do Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (CEGACE), de conformidade coa habilitación contida no artigo 107.2 da Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia.

O Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades é un órgano técnico especializado, responsable do asesoramento e coordinación das estratexias e políticas de saúde pública no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Terá o nivel orgánico mínimo de subdirección xeral, e adscribirase á consellería con competencias en materia de sanidade, a través da dirección xeral competente en materia de saúde pública.

Este centro liderará a xestión do novo coñecemento en saúde pública, o que permitirá a toma óptima de decisións en cada momento co obxectivo último de mellorar a saúde da cidadanía galega.

Estado actual: Pendente de aprobación