Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas

Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo

Departamento: Consellería de Sanidade

Inicio da tramitación: 08/11/2023

Obxecto:

mediante o presente decreto amplíase a relación de diagnósticos garantidos para as intervencións cirúrxicas programadas e non urxentes (Anexo I), a relación de primeiras consultas externas hospitalarias programadas e non urxentes garantidas (Anexo II) e a relación de primeiras probas diagnósticas e/ou terapéuticas programadas e non urxentes garantidas (Anexo III), do Decreto 105/2017, do 28 de setembro.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 30/11/2023

Suxestións recibidas: 2