Proxecto de orde pola que se regula a prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 13/02/2023

Obxecto: O obxecto desta orde é aprobar o Catálogo Xeral do Material Ortoprotésico que figura como Anexo I á presente orde. Este catálogo será de aplicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e contén aqueles produtos sanitarios suxeitos a financiamento polo Servizo Galego de Saúde ás persoas con dereito a asistencia sanitaria con cargo ao Servizo Galego de Saúde.

Tamén ten por obxecto regular as condicións para a prescrición, dispensación e control da prestación ortoprotésica en Galicia dos produtos recollidos na Orde SCB/45/2019, do 22 de xaneiro, pola que se modifica o Anexo VI do Real Decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, a Orde SCB/480/2019, do 26 de abril, pola que se modifican os Anexos I, III e VI do Real Decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece A carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización e na Orde SND/44/2022, do 27 de xaneiro, pola que se actualiza, no relativo ao catálogo común de próteses externas de membro superior e membro inferior, ortoprótese para axenesias, cadeiras de rodas, orteses e produtos para a terapia do linfedema, o Anexo VI do Real Decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización; e a Resolución do 5 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se actualizan as clasificacións de próteses externas de membro superior e membro inferior, ortoprótese para axenesias, cadeiras de rodas, orteses e produtos para a terapia do linfedema para o Sistema informatizado para a recepción de comunicacións de produtos ortoprotésicos ao Sistema Nacional de Saúde.

Asemade, é obxecto tamén desta orde, regular o procedemento de pagamento da prestación ortoprotésica.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 27/09/2023

Suxestións recibidas: 11