Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o rexistro de parellas de feito de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 14/06/2023
Obxecto: adaptar o procedemento de inscrición, modificación e cancelación de parellas de feito á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e á Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia. Solucionar as situacións que máis conflitos xeran para a inscrición das parellas no Rexistro, segundo manifestan os propios encargados dos Rexistros e se deriva das queixas presentadas polos cidadáns ante o Valedor do Pobo ou o Defensor del Pueblo.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 08/09/2023
Suxestións recibidas: 3