Proxecto de decreto polo que se regula a actuación da Xunta de Galicia mediante grupos de traballo, se crea a Comisión Interdepartamental de Coordinación e Supervisión da Integridade e de prevención de riscos de xestión e se procede á racionalización de órganos colexiados da Xunta de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Simplificación Administrativa
Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral de Simplificación Administrativa
Inicio da tramitación: 14/06/2023
Obxecto:
- establecemento de sistemas flexibles de colaboración e participación a través de grupos de traballo
- creación da Comisión Interdepartamental de Coordinación e Supervisión da Integridade e de prevención de riscos de xestión, como órgano colexiado encargado de coordinar e velar polo cumprimento do sistema de integridade e de riscos de xestión
- supresión de órganos colexiados que non resulte necesario manter
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 14/08/2023