Proxecto de orde polo que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia , o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competente
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 08/05/2023
Obxecto: de conformidade co marco competencial exclusivo en materia de asistencia social da Comunidade Autónoma de Galicia e baixo o Sistema de servizos sociais de Galicia regulado na Lei 13/2008, do 13 de decembro, aprobouse o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes e a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do devandito decreto. Nestas disposicións regúlanse os servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia no ámbito da devandita comunidade autónoma así como as libranzas recollidas na Lei estatal 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía pesoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e especificamente os seus requisitos e intensidades.
Polo que se refire ás libranzas, na Orde do 2 de xaneiro de 2012, regula a determinación das súas contías e o nivel de protección adicional e, precedida de anteriores modificacións, en virtude da Orde do 26 de marzo de 2019, entre outras, abordouse a modificación da protección adicional da libranza de asistente persoal establecida no artigo 45 e actualizáronse as contías do complemento adicional e do incremento deste complemento nos casos de especial dedicación da devandita libranza recollidas no Anexo V.
Cómpre agora, en virtude do incremento substancial nos últimos anos dos custos asociados a esta prestación como consecuencia do aumento dos custos salariais, mediante a presente orde modificar novamente a protección adicional da libranza de asistente persoal recollida no artigo 45 e en consecuencia, modifícase no anexo V a protección adicional da Comunidade Autónoma de Galicia de maneira que a libranza chegue aos 1.865 euros ao mes e a 2.085 euros nos casos de especial dedicación. Esta modificación aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2023 e será realizada de oficio.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 12/06/2023
Suxestións recibidas: 1