Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de compensación por gastos de desprazamento, hospedaxe e manutención no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 06/02/2023
Obxecto: regular os requisitos e o procedemento para a compensación dos gastos derivados dos traslados por asistencia definidos no artigo 26.1.a) do Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.
Terán dereito á compensación destes gastos as persoas usuarias que dispoñan de tarxeta sanitaria en vigor emitida polo Servizo Galego de Saúde, que se despracen con fins asistenciais e non sexan beneficiarias do transporte sanitario.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 24/03/2023
Suxestións recibidas: 10