Proxecto de decreto polo que se regula o Estatuto do persoal laboral de investigación da administración xeral e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega de Innovación
Departamento: Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Axencia Galega de Innovación
Inicio da tramitación: 20/06/2022
Obxecto: establecer un itinerario de desenvolvemento profesional do persoal de investigación (persoal investigador e persoal técnico) da Administración Xeral e as entidades integrantes do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, que atende a todas as etapas da actividade investigadora, que proporcione estabilidade ao persoal de investigación formado e sirva para atraer e reter talento.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 15/03/2023
Suxestións recibidas: 76