Anteproxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 24/11/2022

Obxecto:
  • Promover a participación efectiva de todas as persoas na cultura dentro do territorio de Galicia. Con tal fin, esa participación debe facerse desde a inclusión e a accesibilidade, entendida esta en termos de accesibilidade universal, e contemplando a posibilidade e pertinencia de axustes razonables.
  • A participación debe comprender tanto o consumo como a creación culturais.
  • A norma debe igualmente integrar calquera tipo de manifestación e ámbito cultural, así como calquera produto ou servizo.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 03/03/2023

Suxestións recibidas: 1