Proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Departamento: Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Inicio da tramitación: 26/01/2023

Obxecto:

a disposición ten por obxecto a creación do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, así como a regulación das súas funcións, a composición e o réxime de funcionamento de acordo co establecido na Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

O Observatorio configúrase como un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de lusofonía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 27/02/2023

Suxestións recibidas: 1