Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Departamento:
Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Inicio da tramitación: 19/01/2023
Obxecto:
a disposición modifica o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional dás actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.
A presente modificación incorpora novas vías de acceso o Rexistro profesional de socorristas de Galicia, tanto para a sección en instalacións acuáticas como para a sección en espazos acuáticos naturais.
Así mesmo, incorpórase ás entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua en materia de socorrismo, ás empresas tanto públicas como privadas que estando legalmente constituídas e figurando nos seus estatutos de constitución a formación como un dos seus obxectivos, dispoñan das instalacións, do profesorado e do material enumerado na presente modificación.
Estado actual:
Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións:
pechado desde
14/02/2023