Proxecto de decreto polo que se regulan as condicións, requisitos e recursos humanos e materiais das Unidades de Farmacia e dos Depósitos de Medicamentos e Produtos Sanitarios nas Estruturas de Atención Primaria

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 13/10/2022

Obxecto: O decreto ten por obxecto establecer os requisitos para a creación e funcionamento das unidades de farmacia e dos depósitos de medicamentos e produtos sanitarios nas estruturas de atención primaria, así como os recursos humanos, materiais e técnicos cos que deben contar aqueles.

Como principio básico de actuación, respecto da autorización das unidades de farmacia e depósitos de medicamentos e produtos sanitarios nas estruturas de atención primaria, establécese o de garantir a maior equidade posible.

As unidades de farmacia dos centros de atención primaria constitúen os órganos a través dos cales se prestará a atención farmacéutica no nivel da atención primaria en Galicia. Naqueles centros de saúde e Puntos de Atención Continuada do Servizo Galego de Saúde que non dispoñan de unidades de farmacia deberán constituírse depósitos de medicamentos e produtos sanitarios.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 17/11/2022

Suxestións recibidas: 15